luns, 23 de xuño de 2014

DEICA LOGO AMIGOS

Non dicimos adeus, dicimos deica logo. Isto non é unha despedida. É un vémonos dentro de pouco. Como xa sabedes (iso esperamos), o curso rematou, e o blog quedará durmidiño durante o verán, ata que soe o espertador en setembro.

Ós alumnos de 4º que nos deixan dicímoslles: Parabéns, conseguístelo!. Ós que permanecedes durante outro ano no centro dicímoslles: Ata o ano que ven!

Gustaríanos moito que ninguén marchase do centro e poder seguir sempre todos xuntos. Por desgraza, as cousas non son así. Pero mirade o lado positivo! tedes todo un verán para facer o que queirades. Nós estaremos aquí, ao outro lado da pantalla, esperándovos. Moitas grazas a todos por lernos sempre que publicamos, vós sodes os que o facedes posible.

Vémonos o ano próximo, dacordo?

Deica logo amigos



:D


SAN XOÁN, O COMEZO DO VERÁN

Como todos sabedes, é tradición en Galicia facer durante a noite de San Xoán, a tradicional auga con distintas herbas aromáticas, que recibe o nome de Auga de San Xoán. Este ano, unha das últimas cousas que vos queríamos contar é como facer esta máxica apócema, a cal serve para desfacerse das malas enerxías, meigallos e atraer á boa sorte.

Á preparación denomínase: ‘facer o cacho’, que consiste en coller auga de sete fontes. A tradición recomenda deixar estas plantas e flores nunha talla con esta auga á intemperie (que lle caia o orballo) durante a noite. Segundo a tradición o orballo dá as virtudes ás herbas, tema que foi cristianizado dicindo que é San Xoán que as bendí. Por riba da talla cómpre colocar uns cardos ou unhas silveiras para evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle botaba unhas moedas.

Á mañá seguinte lavámonos con esa auga verde e recendente, especialmente a faciana e os pés purificando a pel; en certas zonas este lavado ha facerse mirando ao oriente, para recibir as primeiras raiolas do sol. Deste xeito procúrase non avellentar, sandar e previr enfermidades cutáneas e rexuvenecer a pel. En especial é importante que se laven os nenos.

A auga suponse que ten propiedades menciñeiras, máxicas, para sandar as envexas; ademais das propiedades cosméticas, para pór mais bonitas ás mozas e darlles boas cores e finura de pel.
A herba sécase durante varios días ao sol para ser utilizada logo en múltiples remedios caseiros. Por exemplo a ruda, a herba luísa e a macela contra as dores de barriga. A hortelá e os estraloques contra o proído das estrugas. As follas de nogueira con tres noces sanda as chagas do corpo. O romeu cocido con viño sandaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sen o viño era boa para a reuma, nervios e arrefriados. O loureiro e o allo trillábanse para limpar as aireadas e contra a reuma. A herba de San Xoán limpa a cara de grans. O tomiño era bo antídoto para evitar a caída do pelo.

A continuación mostrámosvos os ingredientes para facela:

En primeiro lugar, atópanse as sete herbas fundamentais:
  • Abeloura ou herba de San Xoán, empregábase na menciña tradicional coma cicatrizante, adstrinxente e antiséptico. O refraneiro di que "A herba de San Xoán limpa a cara de grans". Está considerada como unha planta contra o demo.
  • Codeso, é un arbusto sagrado para os galegos, tóxico para o gando. Utilizábase para facer lume e para facer vasoiras e varrer a casa dos malos espíritos.
  • Fento macho, é un fento velenoso. En xeral é un antiparasito, era moi empregado contra as tenias. As lendas galegas e británicas din que pola noite de San Xoán bota flor; xustamente á medianoite.
  • Fiúncho, herba de obriga, afasta os malos espíritos, especial contra o mal de ollo. Como menciña é efectiva contra as inflamacións de ollos, a asma e as más dixestións.
  • Herba luísa, de orixe americano, empregouse en Galiza na menciña dende que chegou das Américas. É moi boa para as dores de estómago e barriga, gases e dores de cabeza. É tamén unha herba especial para os amoríos. Asóciase coas troulas e esmorgas.
  • Malva, serve contra a bronquite, afeccións dixestivas, nervios, etc. O refrán di "Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar".
  • Romeu. Aínda que o bravo non abunda en Galiza, empregábase na menciña tradicional contra a reuma, a artrite, trastornos do sistema circulatorio, depresión, dores de gorxa, etc. Crese que o romeu realmente é a herba que protexe e purifica os fogares galegos por excelencia.



Por outra banda, tamén se tenden a empregar as seguintes:

  • Dedaleira ou estraloque, é a planta galega con máis nomes. É velenosa, contén unha droga que fai latexar o corazón máis de presa. Por isto é moi utilizada para afeccións de corazón e tamén para os ouriños. Considérase máxica, disque escorrenta as bruxas e as desgrazas cando se pon na porta a noite de San Xoán.
  • Espadana.
  • Herba de Nosa Señora ou artemisa.
  • Herba punteira ou sempreviva dos tellados.
  • Macela ou matricaria, ten moitas propiedades medicinais.
  • Roseira brava, é medicinal.
  • Trobisco o poder vesicante das follas utilizase para as feridas.Tamén se utilizaba para sandar as orellas unha vez que se fai o burato para os pendentes. Tamén como insecticida, para matar piollos, formigas, e chinches.
Ademáis, non poden faltar:
  • Sabugueiro, arbusto medicinal e considerado sagrado polos celtas. As flores, teñen moitos usos domésticos como purgantes, insecticidas, para facer inhalacións, tinturas, etc.
  • Nogueira, ten multitude de propiedades medicinais. Recoméndase coller a folla con tres noces.
  • Amieiro, a árbore sagrada dos ríos galegos.
  • Hedra, considerada planta sagrada do calendario celta.
  • Carballo, a árbore sagrada de Galiza e moitas outras cultura europeas.
  • Visgo, considerada planta sagrada do calendario celta.

Outras herbas son: 
Ágramo
Allo
Arzais
Folla de cana
Folla de figueira
Folla de laranxeira
Folla de ulmeiro
Folla de viña branca
Follas de castiñeiro
Herba do Carme
Herba lemona
Herbas de San Pedro
Hortelá
Hortensia
Loureiro
Mentraste
Ourego
Perpetua
Poutas de lobo
Rosas de nabo
Rosas de sábrego
Ruda
Silveira
Tomiño


Desexámosvos que esta información vos axude a preparar unha boa Auga de San Xoán e que esta vos proporcione moi boa sorte!

fonte: Wikipedia

domingo, 15 de xuño de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VINDEIRO VERÁN 2014

COUSAS QUE PASARON E QUE NON PUDEMOS COMENTAR... TRANQUILOS... COMENTAMOLAS AGORA! (Artigo de opinión)

4º ESO

Mil desculpas por non ter estado con vós durante todo este trimestre. O pesadelo do alumnado de 4º da ESO comezou nada máis chegar das vacacións de semana santa. Debido aos moitos traballos e exames que tiñamos, non puidemos prestar tanta atención ao blog coma o ano pasado. Lamentámolo moitísimo. Non obstante, atopamos un oco na nosa axenda infestada de traballo para falar con vós durante un anaco.

Vamos ver... que pasou durante este tempo?

En primeiro lugar, os alumnos e alumnas de 4º da ESO "remataron" de pintar o patio de secundaria. Dicindo a verdade, non se trata dunha obra de arte, debido a que non está totalmente finalizada, anque de igual xeito apreciamos o traballo e esforzo que lles supuxo aos nosos compañeiros realizalo.

Por outro lado, hai dúas semanas aproximadamente, tivemos (algúns sufrimos) un simulacro de incendios a cuarta hora do xoves. Foi un día chuvioso e vímonos obrigados a saír sen paraugas, anque por suposto, a nosa querida directora non se podía permitir o luxo de mollarse e saíu con el fóra. Facendo alarde do seu innato sentido do humor, permitiuse o luxo de dicir "llueve un poco, ¿no?". Algo arrefriado, aínda podo recordar con certo desconcerto (totalmente xustificado) esa peculiar escena na miña memoria.

Hai uns días, os alumnos de 4º da ESO realizamos a foto de grupo para a orla que se colgará en Dirección, igual que se fixo coas predecesoras desta. Quizais dentro de quince, vinte ou trinta anos volvamos ó Alfonso e contemplemos (xa con engurras) aquelas caras infantís que tivemos algún día.

Por último, a viaxe de fin de curso a Mallorca realizarase en menos de cinco días, o que nos proporciona un descanso e un alivio, xa que poderemos desconectar dos exames e dos estudos durante unha semana, polo menos ata que nos entreguen as notas o próximo 25 de xuño.

O verán está a punto de comezar, e como sempre darémosvos as recomendacións lectoras para o verán. Estade atentos ás vosas pantallas para poder ser os primeiros en vela!

xoves, 12 de xuño de 2014

TRANQUILOS, ESTAMOS VIVOS!!

Grazas por ter tanta paciencia e perdoade a nosa ausencia na rede, deseguido nos poñeremos ó día de todo o que pasou no cole... do mesmo xeito, temos unha sorpresa preparada para vós. Atentos as vosas pantallas!

martes, 15 de abril de 2014

FÍSICA Y QUÍMICA: Boletín 6, Formulación inorgánica

FÍSICA Y QUÍMICA: Boletín 5, Los átomos y sus enlaces

FÍSICA Y QUÍMICA: Boletín 4, Los átomos y sus enlaces

FÍSICA Y QUÍMICA: Boletín 3, Los átomos y el sistema periódico

FÍSICA Y QUÍMICA: Boletín 2, Los átomos y el sistema periódico

FÍSICA Y QUÍMICA: Boletín 1, Repaso de la Física y Química de 3º de la ESO