4º ESO
Mil desculpas por non ter estado con vós durante todo este
trimestre. O pesadelo do alumnado de 4º da ESO comezou nada máis chegar das
vacacións de semana santa. Debido aos moitos traballos e exames que tiñamos, non
puidemos prestar tanta atención ao blog coma o ano pasado. Lamentámolo
moitísimo. Non obstante, atopamos un oco na nosa axenda infestada de traballo
para falar con vós durante un anaco.
Vamos ver... que pasou durante este tempo?
En primeiro lugar, os alumnos e alumnas de 4º da ESO "remataron" de pintar
o patio de secundaria. Dicindo a verdade, non se trata dunha obra de arte,
debido a que non está totalmente finalizada, anque de igual xeito apreciamos o
traballo e esforzo que lles supuxo aos nosos compañeiros realizalo.
Por outro lado, hai dúas semanas aproximadamente, tivemos (algúns sufrimos)
un simulacro de incendios a cuarta hora do xoves. Foi un día chuvioso e vímonos
obrigados a saír sen paraugas, anque por suposto, a nosa querida directora non se podía permitir o luxo de mollarse e saíu con
el fóra. Facendo alarde do seu innato sentido do humor, permitiuse o luxo de
dicir "llueve un poco, ¿no?". Algo arrefriado, aínda podo recordar
con certo desconcerto (totalmente xustificado) esa peculiar escena na miña
memoria.
Hai uns días, os alumnos de 4º da ESO realizamos a foto de grupo para a
orla que se colgará en Dirección, igual que se fixo coas predecesoras desta.
Quizais dentro de quince, vinte ou trinta anos volvamos ó Alfonso e contemplemos
(xa con engurras) aquelas caras infantís que tivemos algún día.
Por último, a viaxe de fin de curso a Mallorca realizarase en menos de
cinco días, o que nos proporciona un descanso e un alivio, xa que poderemos
desconectar dos exames e dos estudos durante unha semana, polo menos ata que
nos entreguen as notas o próximo 25 de xuño.
O verán está a punto de comezar, e como sempre darémosvos as recomendacións
lectoras para o verán. Estade atentos ás vosas pantallas para poder ser os
primeiros en vela!
Moi bo artigo!!!!
ResponderEliminarGrazas, queríamos acabar este curso con algo impactante.
Eliminar