martes, 27 de novembro de 2012


TÍTULO: Corredores de Sombras

AUTOR: Agustín Fernández Paz

EDITORIAL: Xerais

IDIOMA: Galego

XÉNERO: Misterio

PÚBLICO: 12 anos en diante

SINOPSE:

Clara Soutelo é unha moza de 16 anos, que vai pasar o verán ao pobo da súa defunta avoa Rosalía.
Ao facer unhas obras na casa da súa avoa, descobren un esqueleto que foi emparedado nas datas da Guerra Civil española.
Clara disponse a resolver o misterio, disposta a investigar o pasado da súa familia, a cal foi unha das máis poderosas, influentes e ricas da comarca.
Pero non estará soa, pois acompañaraa Miguel, o seu primeiro verdadeiro amor.

OPINIÓN PERSOAL:

Agustín Fernández Paz superouse a si mesmo cando publicou este libro... teno todo; misterio, aventuras, romance...
É un libro xenial que lle recomendo ler a calquera fanático dos misterios, quen sabe, ao mellor alguén resolve o caso antes de que remate o libro...

Ningún comentario:

Publicar un comentario