xoves, 10 de xaneiro de 2013

O invento do século: O E-book ou libro dixital



A moita xente se lle pasou pola cabeza a seguinte idea: "E se puidera levar todos os meus libros comigo a calquera lugar a onde vaia dunha maneira cómoda e fácil?"Ai uns corenta anos a quen llo contara esa persoa diría: "Estás tolo, iso é imposible"

Non obstante, hoxe en día grazas ao marabilloso invento chamado E-book ou libro dixital é moi doado.
Este aparello non é máis ca unha especie das famosas tabletas, utilizadas hoxe en día por milleiros de persoas. O E-book almacena na súa memoria centenares de libros, e permite lelos con total comodidade, pois dispón dunha pantalla que simula o papel dun libro de verdade, de maneira que evita a dor de ollos provocada pola clásica pantalla de ordenador.

Fontes do antigo Club de Lectura, que estivo operativo durante o pasado curso 2011-2012, admitiron que entre os seus plans de mellora da biblioteca do colexio estaban a compra de varios E-books, non obstante, isto non se puido levar a cabo pola falta de orzamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario