xoves, 7 de febreiro de 2013

FEBREIRO, o mes de Castelao


Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo no ano 1886 e morreu no exilio en Bos Aires no ano 1950.

Tiña diferentes facetas: narrador, ensaísta, dramaturgo debuxante e político galego, foi unha das figuras máis importantes do século XX.

Por presión do seu pai estudou medicina, pero sen embargo nunca lle agradou a profesión, Castelao dixo unha vez:

"Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi premiado co segundo Día das Letras Galegas (ano 1964).

Castelao era fillo do mariñeiro Mariano Rodríguez Dios, que se dedicaba a facer velas para barcos e de Joaquina Castelao Gemme.

Bautizouse no mesmo día no que naceu (o 30 de xaneiro).

No ano 1895, marchou para Arxentina, onde viviu cos seus pais, alí naceron as súas dúas irmás: Josefina e Teresa.

En 1900 volven a Galicia e Castelao comeza a estudar medicina en Santiago, o pai regresa a Arxentina, e volve definitivamente en 1903, e cos cartos que gañou alí puido mellorar a situación económica da familia e dedicarse a política, chagando a ser alcalde de Rianxo.

Castelao fixo o bacharelato de Artes no Instituto Xeral e Técnico entre os anos 1900 e 1903. Logo entre os anos 1903 e 1909 estudou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
Na universidade comeza interesarse máis polo debuxo, a pintura e a música (xa que toca a tuna).

Aproximadamente no ano 1910 diagnostícanlle tuberculose.

Coma seu pai, comezase a interesar na política e entra no Partido Conservador

Casou con Virxinia Pereira Renda en Madrid, ca que tivo un fillo, Alfonso Xesús de Braga no ano 1914.
Foi nesta data cando sufriu un desprendemento de retina, pero volveu a recuperar a vista tras unha operación, preo aínda así quedoulle moi reducida e por iso decidiu abandonar a medicina.

No ano 1928 mórrelle o seu fillo por problemas de saúde, por iso deixa de escribir e debuxar durante dous anos.

Cando estallou a Guerra Civil, e pola súa afinidade á república Castelao e exiliado a Bos Aires donde morrerá e non volverá a pisar Galicia.

No ano 1984 os seus restos foron levados ao Panteón dos Galego Ilustre donde descansan na actualidade.
As obras de Castelao:

NARRATIVA:
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
Cousas(1926, 1929)
Os dous de sempre (1934)
Retrincos (1934)

TEATRO:
Os vellos non deben de namorarse (representada en 1941, publicada en 1953)

ENSAIO:
Diario (escrito en 1921, publicado en 1977)
As cruces de pedra na Bretaña (1930)
Sempre en Galiza (1944)
As cruces de pedra na Galiza (1950)

DEBUXO:
Álbum Nós (exposición, 1920; edición impresa, 1931)
Cincoenta homes por dez reás (1925)
Cousas da vida (1925)
Galicia mártir (1937)
Atila en Galicia (1937)
Milicianos (1938)
Debuxos de negros
Cegos: os meus compañeiros

SELOS DE CORREOS
O NE 47, de 10 céntimos e cor violeta, representa unha parella de labregos sentados xunto a un hórreo co texto:Superviventes.
O NE 52, de 70 céntimos e cor castiñeiro, representa a unha muller rezando axeonllada fronte a un cruceiro. O texto pon:¡Quezan, ruban y asasinan en tu nobre!.
O NE 54, de 90 céntimos e cor azul escuro, representa a dous nenos chorando fronte a un morto. O selo ten o texto:La última lección del maestro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario