Xosé Luís Méndez Ferrín naceu en Ourense o día 7 de agosto do ano 1938 é un
político e escritor galego e está recoñecido como un dos referentes da literatura
galega contemporánea.
Foi membro da RAG (Real Academia
Galega) dende o 30 de setembro do 2000 e foi o presidente desta dende o 23
de xaneiro do 2010 até o 25 de febreiro do 2013, cando dimitiu.
Pasou a súa infancia en Ourense, e
no ano 1914 trasládase coa familia a Pontevedra, alí vai tomando conciencia da
realidade lingüística e cultural do galego. En 1955 el e a súa familia
trasládanse a Vigo e el comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade de
Santiago de Compostela. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas
Minervais de Santiago. En 1957 vai a Madrid onde tres anos máis tarde se
licenza en Filoloxía Románica, en Madrid tamén estivo en contacto con focos
galegistas e de esquerdas. En 1961 realiza un curso de cultura inglesa na Universidade
de Oxford e entre 1963 e 1965 fai diversas viaxes por Europa. Logo de facer o
servizo militar pasa dende 1962
a 1964 en Lugo exercendo de profesor no Colexio Fingoi.
En 1965 obtén a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Santa
Irene de Vigo, instalándose finalmente nesta cidade.
Recentemente xubilouse e retirouse. Tamén é columnista no Faro de Vigo e
dirixe a revista A Trabe de Ouro. Foi proposto ó Premio Nobel de Literatura en 1999 pola Asociación de
Escritores en Lingua Galega e vai ser proposto proximamente de novo. Foi
galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da
Crítica Española, Premio da
Crítica de Galicia, Premio
Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu
o Premio
Nacional de Literatura, que integra os Premios
Nacionais da Cultura Galega.
As
características das súas obras son:
·
Preocupación crítica
e revolucionaria polos problemas de Galicia.
·
Repítense personaxes
e espazos, e incorpóranse tamén outros pertencentes a outras obras literarias
de todos os tempos.
·
Flutuación entre o
real e o ficticio.
·
Recorrencia ó mundo
onírico, ás veces difícil de distinguir do real.
·
Presenza do
misterioso, do inexplicable, e predominio da violencia e a morte.
·
Creación de espazos
literarios (Tagen Ata, Terra Ancha...), e abundancia de espazos pechados.
·
Nas tres primeiras
obras as personaxes son antiheroes, mentres que a partir de Retorno a Tagen
Ata aparecen con frecuencia o heroe
revolucionario e os seus antagonistas: o traidor e o inimigo.
·
Ás veces as
personaxes sofren metamorfoses e transfórmanse.
·
Desenlaces
sorprendentes e paradoxais.
OBRAS
POESÍA
·
Voce na néboa, 1957,
Alba, Vigo.
·
Antoloxía Popular, 1972,
Patronato da Cultura Galega, Montevideo. Co pseudónimo de
Heriberto Bens.
·
Sirventés pola destrucción de
Occitania, 1975, Roi Xordo.
·
Con pólvora e magnolias, 1976,
Imprenta Minerva. Premio da Crítica. Traducido ao castelán no 1994, en
Hiperión.
·
Poesía enteira de Heriberto Bens, 1980, Xerais.
·
O fin dun canto, 1982,
Edicións Nós, A Coruña.
·
Erótica, 1992.
·
Estirpe, 1994,
Xerais. Premio Losada Diéguez.
·
outro, 2002.
·
Contra Maquieiro, 2005,
Xerais. Premio Losada Diéguez.
·
Era na selva de Esm,
2005, Espiral Maior.
·
Poesía fundamental: 1976-2005, 2011,
Calambur. Edición bilingüe galego-castelán de Eloísa Otero e Manuel Outeiriño.
NARRATIVA
·
Percival e outras historias, 1958,
Galaxia. Traducido ao castelán como Percival en su bosque, 1997,
Alianza.
· Crepúsculo
e as formigas, 1961,
Galaxia.
·
Arrabaldo do norte, 1964,
Galaxia.
·
Retorno a Tagen Ata, 1971,
Edicións Castrelos.
·
Elipsis e outras sombras, 1974,
Galaxia.
·
Antón e os
inocentes, 1976,
Xistral.
·
Crónica de nós, 1980, Xerais.
·
Amor de Artur, 1982, Xerais. Tradución
ao castelán no 1990, publicada en Debate, obra de M.
Fuentes e Xavier Rodríguez Baixeras. Traducida tamén no 1988 como L'Amor del
rei Artús i altres relats, publicada na Universitat de
València.
·
Amor de Artur. Fría
Hortensia, 1987, Xerais.
·
Bretaña Esmeraldina,
1987, Xerais. Premio Crítica Galicia. Traducida ao castelán en 1987 e ao
catalán en 1988, por Xavier Rodríguez Baixeras; e no 1991 ao portugués por José
Carlos González.
·
Contos, 1988, Xerais.
·
Arraianos, 1991,
Xerais. Premio Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Crítica
Española. Traducida ao castelán no 1994 en Ronsel, por Luisa Castro.
·
No ventre do silencio, 1999,
Xerais. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa “Carlos Blanco”.
Traducido ao portugués no 2000, como No ventre do silêncio, en Don
Quixote.
LITERATURA INFANTO-XUVENIL
Arnoia, Arnoia, 1985,
Xerais. Traducida ao castelán en Anaya, no 1990, por Xavier Rodríguez Baixeras
Ningún comentario:
Publicar un comentario