xoves, 16 de maio de 2013

MAIO, o mes de Vidal Bolaño


BIOGRAFÍA

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e morreu nesta mesma cidade en 2002. Foi un escritor e actor español ao que se lle dedica o mes das letras galegas este ano (2013).
Iniciouse no mundo teatral co grupo Antroido, nel representou como actor as súas primeiras obras. Bolaño converteu a este pequeno grupo de teatro na primeira compañía teatral galega.
A parte de ser dramaturgo, tamén era experto en artes audiovisuais, facendo guións para a TVG e TVE. Traballos como Malos Tratos, Novo de Permiude e o Morosos Varios son obras das que el é autor.
Levou a pequena pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo) e tamén participou como actor en varias series televisivas, como Mareas vivas.
No ano 2001 representou co Centro Dramático Galego Rosalía. Obra que Ramón Otero Pedrayo escribiu no ano 1958. As súas últimas actuacións foron co grupo "Teatro do aquí". Faleceu no 2002 por un cancro de pulmón.

OBRA

A súa obra está marcada por a derrota e a crítica da modernidade. Ao mellor influenciado por Otero Pedrayo defendeu a recuperación do popular.
Cultivou, ao igual que Otero, o teatro histórico, ao redor da figura de Rosalía. Unha das influencias  que tivo foi a do teatro de Valle-Inclán.
As súas obras mesturan diversas correntes estéticas: o realismo, o simbolismo, o surrealismo e o expresionismo.


REPRESENTACIÓNS DESTACADAS  
·         Laudamuco, Señor de Ningures(1976).
·         Bailadela da morte ditosa(1980).
·         A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello).
·         Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985).
·         Caprice des Dieux (1985).
·         Anxeliños. Comedia Satánica (1996).
·         La Lengua de las Mariposas (1999).
·         Mar Revolto (2001).

OBRAS ESCRITAS DESTACADAS
·         Laudamuco, Señor de Ningures (1976).
·         Bailadela da morte ditosa (1980).
·         Agasallo de Sombras (1992).
·         Días sen Gloria (1992).
·         Saxo Tenor (1993).
·         As Actas Escuras (1994).
·         Rastros (1998).
·         O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar.

ENSAYO
·         Perspectivas do Teatro Galego Actual (2002).

PREMIOS
·         Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures.
·         Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes).
·         Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.
·         Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón".
·         Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto.
·         Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por una adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.
·         Premio Rafael Dieste.
·         Premio Álvaro Cunqueiro.
·         Premio Xacobeo (1992).
·         Premio Eixo Atlántico.
·         Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto teatral en galego).
·         Día das Letras Galegas en 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario