sábado, 1 de xuño de 2013

XUÑO, XULLO E AGOSTO, os meses de Agustín Fernández Paz


BIOGRAFÍA
Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba o 29 de maio de 1947, e é un escritor e pedagogo galego.
Diplomado en enxeñería industrial mecánica e licenciado en Ciencias da Educación, foi profesor de galego no ensino primario e secundario. Xubilouse en 2007 no IES Os Rosais 2 de Vigo.
É autor de numerosas obras sobre a normalización lingüística na educación. Ademais entre os anos 1988 e 1990 traballou na Consellería de Educación como asesor para facer a reforma educativa. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego.

LITERATURA
Agustín Fernández Paz conta coa autoría dun gran número de obras publicadas en galego, ademais é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega non só polas seu número de obras publicadas, senón por as traducións que se fixeron delas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués; e tamén a algunhas linguas estranxeiras, como por exemplo ao francés, ao árabe e ao coreano. E por suposto, polo innumerable número de premios gañados.
Foi nomeado como socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.

OBRA

LITERATURA INFANTO-XUVENIL
·        O libro de Merlín, 1987, Xerais.
·        A cidade dos desexos, 1989, Xerais (novela xuvenil).
·        As flores radiactivas, 1990, Xerais (novela xuvenil), 16ª edición.
·        Contos por palabras, 1991, Xerais (narrativa xuvenil), 16ª edición.
·        tesouro do dragón Smaug, 1992, Galaxia (narrativa xuvenil).
·        Rapazas, 1993, Xerais (narrativa xuvenil), 6ª edición.
·        As tundas do corredor, 1993, Edelvives (narrativa infantil).
·        Unha lúa na fiestra, 1994, Galaxia (narrativa xuvenil).
·        Trece anos de Branca, 1994, Xerais (novela xuvenil).
·        Cartas de inverno, 1995, Xerais (novela xuvenil), 26ª edición.
·        Amor dos quince anos, Marilyn, 1995, Xerais (novela xuvenil), 6ª edición.
·        Avenida do Parque, 17, 1996, Edicións S. M. (novela xuvenil)
·        Lonxe do mar, 1996, Edelvives (narrativa xuvenil).
·        centro do labirinto, 1997, Xerais (novela xuvenil), 12ª edición.
·        A néboa escura, 1998, Xunta de Galicia (narrativa infantil).
·        laboratorio do doutor Nogueira, 1998, Xerais (novela xuvenil), 5ª edición.
·        As fadas verdes, 1999, Edicións S. M. (novela xuvenil).
·        Cos pés no aire, 1999, Xerais (narrativa xuvenil) 4ª edición.
·        A nube de cores, 1999, Sotelo Blanco (narrativa xuvenil).
·        Aire negro, 2000, Xerais (novela xuvenil) 13ª edición.
·        soño do merlo branco, 2000, Everest Galicia (novela xuvenil).
·        No corazón do bosque, 2001, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición.
·        Un tren cargado de misterios, 2001, Xerais (narrativa xuvenil).
·        Ana e o tren máxico, 2001, Xerais (novela xuvenil).
·        Noite de voraces sombras, 2002, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición.
·        meu nome é Skywalker, 2003, Edicións S. M.
·        A serea da Illa Negra, 2003, Edicións Tambre.
·        A praia da esperanza, 2003, Xerais.
·        Tres pasos polo misterio, 2004, Xerais, 5ª edición.
·        Raquel ten medo, 2004, Xerais (narrativa infantil).
·        Laura e os ratos, 2004, Xerais.
·        Á abordaxe, 2005, Rodeira-Edebé.
·        A escola dos piratas, 2005, Rodeira-Edebé.
·        A noite dos animais, 2005, Galaxia.
·        A fuxida do mar, 2005, Xerais.
·        Fantasmas no corredor, 2005, Xerais.
·        ¡Que medo, mamá Raquel!, 2005, Xerais.
·        Corredores de sombra, 2006, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición.
·        Os gardiáns do bosque, 2006, Baía Edicións.
·        Querido inimigo, 2006, Rodeira-Edebé.
·        raio veloz, 2006.
·        único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil), 6ª edición.
·        A pastelaría de dona Remedios, 2008, Rodeira.
·        ¡Upa!, 2008, Xerais.
·        A dama da luz, 2009, Xerais.
·        Lúa do Senegal, 2009, Xerais (narrativa infantil-xuvenil), 3ª edición.
·        Valados, 2009, Xerais.
·        Corazón de pedra, 2011, Oxford.
·        Fantasmas de luz, 2011, Xerais.
·        As fronteiras do medo, 2012, Edebé-Rodeira.
·        Malos tempos para os fantasmas, 2012, Xerais.
·        Zeralda e o dragón, 2012, Galaxia.
·        Desde unha estrela distante, 2013, Xerais.

NARRATIVA
  • Non hai noite tan longa, 2011, Xerais.
  • rastro que deixamos, 2012, Xerais.
ENSAIO
  • 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega, 1989, Xunta de Galicia.
  • Os libros infantís galegos, 1989, Xunta de Galicia.
  • Para lermos cómics, 1989, Xunta de Galicia.
  • Ler en galego (I): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas, 1990, Ir Indo.
  • Facermos cómics, 1991, Xerais.
  • Os cómics nas aulas, 1992, Xerais.
  • A literatura infantil e xuvenil en galego, 1999, Xerais.
OBRAS COLECTIVAS
  • Relatos para un tempo novo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • E dixo o Corvo..., 1997, Hospital Xeral de Galicia.
  • Imos xuntos camiñar, 1999.
  • Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
  • Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
  • Longa lingua: os contos da Mesa, 2002, Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior.
  • Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • O enigma do menhir, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • son das buguinas, 2007, Xerais.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quéroche contar un conto, 2010, Xerais.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
GALARDÓNS
  • 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1976, por Xocas, astronauta.
  • 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1980, por O rescate das palabras.
  • Premio Merlín de Literatura Infantil no 1989, por As flores radiactivas.
  • Premio Lazarillo no 1990, por Contos por palabras.
  • Lista de Honra do IBBY no 1992 por Contos por palabras.
  • Premio Ourense de Banda Deseñada de 1992, polos seus estudos sobre banda deseñada.
  • Premio Edebé de literatura xuvenil no 1994, por Trece anos de Branca.
  • Premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano no 1995, por Cartas de inverno.
  • Premio Raíña Lupa no 1998, por Cos pés no aire.
  • Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) no 2001, por Aire negro.
  • Premio Protagonista Jove no 2001, por Aire negro.
  • Lista de Honra do IBBY no 2002, por Aire negro.
  • Premio Irmandade do Libro no 2003.
  • Premio Lecturas GALIX no 2003, por Contos por palabras e Un tren cargado de misterios.
  • Premio O Barco de Vapor no 2003, por O meu nome é Skywalker.
  • Premio Edebé de Literatura Infantil no 2005, por A escola dos piratas.
  • Premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos) no 2006, por Corredores de sombra.
  • Premio Lecturas GALIX ao mellor libro ata 7 anos e como o mellor libro ilustrado no 2006 , por Raquel ten medo.
  • O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil) 4ª Edición -
  • Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, por O único que queda é o amor.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de literatura infanto-xuvenil en 2008, por O único que queda é o amor.
  • Premio Literario Frei Martín Sarmiento de (3º ESO a Bacharelato) en 2008, por O único que queda é o amor.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008, pola obra O único que queda é o amor, outorgado polo Ministerio de Cultura de España.
  • Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2008.
  • Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2010, por Lúa do Senegal.
  • VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil no 2011.
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2011.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos no 2011, por Non hai noite tan longa.
  • Premio Ánxel Casal ao libro de ficción do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, por Non hai noite tan longa.
  • Premio da Irmandade do Libro ao Libro do ano 2011, por Non hai noite tan longa.
  • Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2012, por Non hai noite tan longa.
  • Premio de literatura infanto-xuvenil da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Fantasmas de luz.
  • Premio Ramón Piñeiro Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara no 2012.
  • Premio da Crítica Galicia 2012 en Creación literaria pola súa obra Fantasmas de luz (18 de outubro de 2012).
  • En xuño de 2012 o departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo propuxo o seu nomeamento como doutor honoris causa. O 12 de novembro de 2012 o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aproba o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa a proposta do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
  • Autor en galego máis destacado do 2012 en Redelibros.
  • Premio Fervenzas Literarias de Ensaio no 2012, por O rastro que deixamos.
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2012.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción do 2012, por O rastro que deixamos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario