Outro ano máis estamos con vos para acompañarvos durante o novo curso.
Vimos ca cara lavada e cunha nova imaxe, máis enérxica e máis moderna. Pero sen
esquecer os nosos principais valores: ensinar, axudar e entreter. Seguimos
tendo tres blogs, coma o ano pasado: O
Alfonso Arrasa, A Raíña Berenguela e
como non, As noticias do Alfonso
xuntos forman o GRUPO ALFONSO VII, que xa e coñecido por tod@s vos.
As seccións coas que contaban os blogs serán conservadas, por suposto, pero
tamén engadiremos outras novas.
O equipo co que contamos é o mellor que pode haber, persoas traballadoras e
emprendedoras, todas elas encantadas, tanto profesor@s coma alumn@s de formar
parte do GRUPO ALFONSO VII.
Por último, quédanos por dar as grazas a vós, que facedes posible que estes
blogs sigan vivos.
Sen outro particular e cun gran saúdo,
o Grupo Alfonso VII deséxavos bo comezo de curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario