xoves, 13 de febreiro de 2014

Crónicas marcianas

TÍTULO: Crónicas marcianas
AUTOR: Ray Bradbury
TRADUCTOR: Mª Magdalena Fernández
EDITORIAL: Xerais
COLECCIÓN: Fora de Xogo
IDIOMA: galego
XÉNERO: narrativa (CIENCIA FICCIÓN)
PÚBLICO: xuvenil
Nº DE PÁXINAS: 312
PVP: 13,40€

SINOPSE:
Crónicas marcianas é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros habitantes da Terra, desde 1999 a 2026, para colonizar a planeta Marte, un deserto de area azul, con ruínas de cidades xadrezadas e ocasos amarelos. Os colonos soñan con reproducir no Planeta Vermello a súa forma de vida, pero levarán na súa equipaxe as súas enfermidades, que dezmarán aos marcianos, e amosarán moi pouco respecto por unha cultura planetaria, que estes intentarán protexer da voracidade dos terrícolas. Historias aparentemente sinxelas que serven de excusa para que Ray Bradbury se mergulle nos misterios da alma humana e desenvolva unha das proezas máis apaixonantes da humanidade.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario