Seguro que moitos vos preguntastes por que
non publicamos nada durante as últimas semanas. A verdade é que os alumnos de
4º da ESO estivemos moi ocupados, xa que estivemos facendo todos os exames de
finais de trimestre.
Pasaron moitas cousas novas no cole, como por
exemplo, que os alumnos de plástica pintaron o patio cuberto de secundaria,
algo para o que hai todo tipo de opinións, en contra e a favor. Aínda así, nos
non nos decantaremos por un bando ata que se remate a obra.
A segunda avaliación remata por fin e agora é
tempo de relax, de comer rosca e de esquecerse un pouco do cole, anque non
moito, xa que a terceira avaliación avanza con pasos apurados, pero tamén é moi
curta (tan só ten 42 días lectivos) así que vos recomendamos que non perdades
de vista o calendario!!!
Estamos de volta, e verémonos despois de
Semana Santa, desexámosvos unhas boas festas!!!
Grupo
Alfonso VII
Ningún comentario:
Publicar un comentario