sábado, 1 de marzo de 2014

BO ENTROIDO!!!

Chegou o Entroido... e se ledes isto estaredes nas vosas casas facendo calquera cousa que non teña que ver co colexio. Facedes ben. O Entroido é un momento para relaxarse, divertirse, disfrazarse e por suposto comer orellas... aquí vos deixamos unha rica receita para facelas:

 

RECEITA DE ORELLAS DE ENTROIDO

 
 INGREDIENTES:
  • 500g de fariña.
  • 5 ovos.
  • 100g de manteiga.
  • Media copa de licor de anís. 
  • 10-15g de lévedo. 
  • 150g de azucre.
  • 200ml auga
  • Sal
  • Raiado de limón e zume 
  • Aceite de xirasol.
PROCESO:
 
Primeiro, enchemos auga nun recipiente, botarmoslle lévedo e sal. Mesturamolo para que este se disolva. Engadimos os ovos, o azucre, o raiado de limón e o zume, o anís e a manteiga. Mesturamos e engadimos a fariña para formar unha bola de masa. Logo amasamola ata que xa non admita máis fariña. Deixamos a masa en repouso uns corenta e cinco minutos.
 
Ao pasar este tempo,  vamos quentar nunha tixola aceite de xirasol xunto cunha metade de limón dentro. Cando o limón xa este torrado, retirámolo antes de que se queime.
No mesado votamos unhas pingas deste aceite, que fará que a masa non se pegue á mesa. Tamén se pode botar fariña para o mesmo fin.
Coa mesa xa preparada co aceite ou ca fariña, vamos collendo cachos de masa e cortámolos en forma de media lúa, botámolos na tixola co aceite, fritimos e dámoslle a volta.
Unha vez fritidas todas as orellas botámolas nun prato que teña papel absorbente. Esperamos un pouco e pasámolas a unha fonte donde lles engadimos azucre. A maiores, tamén se lle pode engadir canela.

Bo proveito!
 
Temos que agraceder de xeito moi especial, á páxina web La cocina de mi Abuelo da cal sacamos esta deliciosa receita.
Soamente nos queda por desexarvos un moi feliz Entroido. Vémonos á volta destas pequenas vacacións!!!

2 comentarios:

  1. Grazas, fixenas. Saíronme moi ben... anque as fixen eu só... meus pais quedaron encantados...
    XD

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non hai de que. É un pracer para nos podervos axudar. Bo entroido!!!

      Eliminar