RECEITA DE ORELLAS DE ENTROIDO
INGREDIENTES:
- 500g de fariña.
- 5 ovos.
- 100g de manteiga.
- Media copa de licor de anís.
- 10-15g de lévedo.
- 150g de azucre.
- 200ml auga
- Sal
- Raiado de limón e zume
- Aceite de xirasol.
PROCESO:
Primeiro, enchemos auga nun recipiente,
botarmoslle lévedo e sal. Mesturamolo para que este se disolva. Engadimos os ovos, o
azucre, o raiado de limón e o zume, o anís e a manteiga. Mesturamos e engadimos a
fariña para formar unha bola de masa. Logo amasamola ata que xa non admita máis
fariña. Deixamos a masa en repouso uns corenta e cinco minutos.
Ao pasar este tempo, vamos quentar nunha tixola aceite de xirasol
xunto cunha metade de limón dentro. Cando o limón xa este torrado, retirámolo
antes de que se queime.
No mesado votamos unhas pingas
deste aceite, que fará que a masa non se pegue á mesa. Tamén se pode botar
fariña para o mesmo fin.
Coa mesa xa preparada co aceite
ou ca fariña, vamos collendo cachos de masa e cortámolos en forma de media lúa,
botámolos na tixola co aceite, fritimos e dámoslle a volta.
Unha vez fritidas todas as
orellas botámolas nun prato que teña papel absorbente. Esperamos un pouco e
pasámolas a unha fonte donde lles engadimos azucre. A maiores, tamén se lle
pode engadir canela.
Bo proveito!

Grazas, fixenas. Saíronme moi ben... anque as fixen eu só... meus pais quedaron encantados...
ResponderEliminarXD
Non hai de que. É un pracer para nos podervos axudar. Bo entroido!!!
Eliminar